Blogia
monik

comezamos ca webquest

Comezamos co noso segundo proxecto co cal Adriana ten moito traballo por diante achegándonos a novos materiais, e sobre todo conceptos. Moitos destes conceptos teñen que ver, en gran parte, cos dados en Didáctica ¿Quen dixo que as asignaturas non se relacionan?.
Unha webquest é un modelo de aprendizaxe por descubrimento onde a información xa lla estamos a dar nós. O soporte onde realizaremos o traballo é no programa gratuíto Nestcape 7.0.
Na clase teórica de hoxe pretendeuse que visemos un vídeo sobre o programa Squeak, de código aberto onde os contidos póñenos os mestres ou alumnos e basease nas teorías de Piaget. Ó final, non puido ser así que temos traballo xa para a semana.
Moitos ánimos a todos coa webquest que dá moito curro.

0 comentarios