Blogia

monik

chega o exame

Estiven a mirar os portafolios da clase e hai xente que ten portafolios moi ben feitos. O meu ás veces parece que vai e outras sen embargo...eu dín todo para que funcionara.
O exame achégase e supoño que terei que repasar todo o dado porque agora vereino dende unha nova perspectiva. Por certo, se alguén se esqueceu o exame é Luns 27, esperemos que todo saia ben.
Adriana, gracias polos ánimos do e-mail.

POR FÍN REMATEI

Acabo de mandar o meu portafolios, Tardei como catro horas e aínda así non sei se irá ben,coa webquest que tiña similar formato non tiven a metade de problemas,creo que se nos esixen demasiados c oñecementos que se dan por supostos. Tou nos ordenadores e está a metade da clase dos nervios. Espero que a mestra sexa flexible.

QUE LIO DE PORTAFOLIOS

O portafolios dame máis a lata do esperado. Cando crees que xa está rematado, os enlaces non funcionan ou bórranse as imaxes. Eu ata fixen máis carpetas das que son e cando llo vou ensinar a Adriana bórrase. Polo menos creo que xa teño o concepto claro así que terei que revisar o portafolios de novo.
O peor é que cando vexo outros portafolios están moi currados e penso: "se o meu é tan sinxelo e me dá este traballo ¿como o farán eles?.
En fín, agora acabo xa por tozuda porque todo o que traballei non pode quedar en nada.

última clase

No terceiro proxecto tivemos un problema co enfoque. A cuestión é pensar no problema a resolver e busquemos recursos para resolvelo e non ó revés. Empregar as NT dunha maneira constructiva.
Nesta clase tamén falamos do exame MEDO ME DA, sobre todo pensar QUE SÓ ME QUEDA ÉSTA.
De tódalas maneiras de experiencias anteriores sei que se levas ben o ritmo da clase e te preocupas tamén pasas o exame.
Novo problema ¿Cómo subir o portafolios? a explicación non me axudou de todo

As clases teóricas

Un acerto neste curso para min foi a introducción das clases teóricas dos xoves á mañá. Nelas preparábase en certa maneira o que nos íamos atopar á tarde e tamén nos fai reflexionar sobre o papel das NT na escola.
Unha das preguntas típicas que me fai a xente cando comento que só me queda esta asignatura para rematar é se é informática. Agora creo que ten que ver máis con outros aspectos que coa informática en sí.

clase do xoves pasado

Nesta clase do xoves pola tarde dedicamonos a analizar as distintas webquest de tóolos alumnos de novas tecnoloxías.Tivemos bastantes problemas en xeral para realizalas sobre todo nas técnicas informáticas, no meu caso. O resultado, na miña opinión, foi bastante bó, aínda que Adriana encontrou algúns falliños en case tódolos casos.
Bueno, o importante é que aprendemos a empregar un novo programa nestcape, e sobre todo unha nova técnica de ensino que utilizaremos, espero, nun futuro próximo.
Ata pronto, un saudiño.

WEBLOG

Teño moitos problemas para entrar na miña weblog, non sei se lle pasará a máis xente. Como non podía entrar, non escribín nas últimas semanas co cal perdín algúns dos artículos. En fín, supoño que todo se arranxará. Tiven vendo algunhas weblog e non sei se entendín moi ben en qué consisten. Hai algunhas moi traballadas pero outras non falan de nada da clase.

terceiro proxecto

Comezamos co terceiro proxecto que en principio parece sinxelo pero esixe unha planificación exhaustiva. Nós partimos dun centro xa existente e a partires de aí empezamos os cambios necesarios para introducir as NT na escola.
Creo que é boa idea traballar na clase porque permite ter o apoio da mestra en calquer momento e tamén dá máis tempo.
Por outra banda o peor é o portafolios, o traballo técnico lévame moito tempo e descoido así o contido que é o interesante. Pero así verei se son capaz ou non de facer eu mesma unha páxina web.

TAMÉN HAI QUE FALAR DAS FESTAS

Por certo, Sábado e Domingo en Ordes é a festa do Champiñón así que pasádevos por alá.
ARRIBA O CHAMPI

comezamos ca webquest

Comezamos co noso segundo proxecto co cal Adriana ten moito traballo por diante achegándonos a novos materiais, e sobre todo conceptos. Moitos destes conceptos teñen que ver, en gran parte, cos dados en Didáctica ¿Quen dixo que as asignaturas non se relacionan?.
Unha webquest é un modelo de aprendizaxe por descubrimento onde a información xa lla estamos a dar nós. O soporte onde realizaremos o traballo é no programa gratuíto Nestcape 7.0.
Na clase teórica de hoxe pretendeuse que visemos un vídeo sobre o programa Squeak, de código aberto onde os contidos póñenos os mestres ou alumnos e basease nas teorías de Piaget. Ó final, non puido ser así que temos traballo xa para a semana.
Moitos ánimos a todos coa webquest que dá moito curro.

software educativo

Na clase do xoves 7 de Abril adicámola a análise de material didáctico a partir dunha especie de guía onde se tiñan en conta o material, características, contidos, actividades e formas de avaliar.
Todo isto levámolo á práctica visitando unha páxina determinada sobre a alimentación e revisando o seu contido. Como traballo para o próximo día debíamos buscar información sobre as webquests.

Bienvenido al weblog monik

Ya tienes weblog. Para empezar a publicar artículos y administrar tu nueva bitácora busca el enlace administrar abajo en esta misma página.
Deberás introducir tu email y contraseña para poder acceder.

En el menú que aparecerá arriba podrás: ver la página inicial (Inicio); escribir y publicar un artículo nuevo; modificar las preferencias de la bitácora, por ejemplo: los colores; Salir del weblog para desconectar de forma segura y ver la portada tal y como la verían tus visitantes.

Puedes eliminar este artículo (entra en modificar > botón eliminar). ¡Que lo disfrutes!